Bases legais

1.- Empresa organizadora da promoción

A empresa Snbrand Publicidad SL, con domicilio en Praza de Curros Enríquez n.º 1, oficina 204  e número de identificación B94089315, organiza con fins publicitarios o concurso de selfies “O MEU COMPROMISO” (en diante, “a Promoción”) na cidade de Pontevedra, exclusivo para cidadáns e cidadás de Pontevedra maiores de idade, de acordo co disposto no apartado de condicións para participar.

2.- Data de inicio e data de finalización

A Promoción iniciarase o día 11/10/2021 e finalizará o día 18/10/2021.  O día 19 daranse a coñecer as 10 persoas gañadoras.

Visitar os puntos sostibles, facer un selfie e subilo ás redes co hashtag #omeucompromisoPontevedra  pode ter premio. Entre todos aqueles e aquelas que inmortalicedes o momento, sortearanse 10 vales de 20 € para trocar nos comercios adheridos á campaña. Os gañadores e gañadoras publicaranse o día 19/10/2021 nas redes sociais oficiais.

3.- Requisitos de participación e mecánica da promoción

Os requisitos de participación serán os seguintes:

  • Visitar un dos tres puntos sostibles, facer un selfie e subilo ás redes co hashtag #omeucompromisoPontevedra.
  • Ser maior de idade.
  • Aceptar estas bases.

4.- Condicións da promoción e premios

Logo de finalizado o período de participación, realizarase un sorteo aleatorio entre todos os participantes que cumpran coas bases da promoción. Haberá 10 gañadores de cadanseu cheque de 20 € para trocar, durante o período que dura a promoción, na lista de establecementos que lles proporcione a organización. Período de validez dos cheques: do 22/10/2021 ao 30/10/2021. En ningún caso a persoa gañadora poderá cambialo por diñeiro e só será válido para compras iguais ou superiores a 20 €.