Aviso legal

Identificación e titularidade

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, o Titular expón os seus datos de identificación.

  • Titular: SNBRAND PUBLICIDAD SL.
  • Domicilio: PRAZA DE CURROS ENRÍQUEZ N.º 1, OFICINA 204. 36001 PONTEVEDRA.
  • Correo electrónico: info@omeucompromiso.com
  • Sitio web: www.omeucompromiso.com

Finalidade

A finalidade do sitio web www.omeucompromiso.com é a de web informativa de campaña.

Condicións de uso

A utilización do sitio web outórgache a condición de Usuario e implica a aceptación completa de todas as cláusulas e condicións de uso incluídas nas páxinas:

Se non estás conforme con todas e cada unha destas cláusulas e condicións, cómpre que te absteñas de utilizar este sitio web.

O acceso a este sitio web non supón, de ningún xeito, o inicio dunha relación comercial con SBNRAND PUBLICIDAD SL.

A través deste sitio web, o Titular facilítache o acceso e a utilización de diversos contidos que o Titular ou os seus colaboradores publicaron por medio de Internet.

Para ese efecto, acatas a obriga e o compromiso de NON utilizar ningún dos contidos do sitio web con fins ou efectos ilícitos, prohibidos neste Aviso Legal ou pola lexislación vixente, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización dos contidos, os equipos informáticos ou os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático propio ou contratado por SNBRAND PUBLICIDAD SL, doutros usuarios ou de calquera usuario de Internet.

Medidas de seguridade

Os datos persoais que lle proporciones ao Titular poden ser almacenados en bases de datos automatizadas ou non cuxa titularidade corresponde en exclusiva a SNBRAND PUBLICIDAD SL, que asume todas as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade que garanten a confidencialidade, integridade e calidade da información contida naquelas de acordo co establecido na normativa vixente sobre protección de datos.

No entanto, debes ser consciente de que as medidas de seguridade dos sistemas informáticos en Internet non son enteiramente fiables e, xa que logo, o Titular non pode garantir a inexistencia de virus ou outros elementos que poidan producir alteracións nos sistemas informáticos (software e hardware) do Usuario ou nos seus documentos electrónicos e ficheiros contidos neles, malia que o Titular pon todos os medios necesarios e toma as medidas de seguridade oportunas para evitar a presenza destes elementos daniños.

Tratamento de datos persoais

Podes consultar toda a información relativa ao tratamento de datos persoais que recolle o Titular na páxina de Política de Privacidade.

Contidos

O Titular obtivo a información, o contido multimedia e os materiais incluídos no sitio web de fontes que considera fiables pero, aínda que tomou todas as medidas razoables para asegurar que a información contida é correcta, o Titular non garante que sexa exacta, completa ou actualizada. SBRAND PUBLICIDAD SL declina expresamente calquera responsabilidade por erro ou omisión na información contida nas páxinas deste sitio web.

Queda prohibido transmitir ou enviar a través do sitio web calquera contido ilegal ou ilícito, virus informáticos ou mensaxes que, en xeral, afecten ou violen dereitos do Titular ou de terceiros.

Os contidos de www.omeucompromiso.com teñen unicamente unha finalidade informativa e baixo ningunha circunstancia deben usarse nin considerarse como oferta de venda, solicitude dunha oferta de compra nin recomendación para realizar calquera outra operación, salvo que así se indique expresamente.

SNBRAND PUBLICIDAD SL resérvase o dereito a modificar, suspender, cancelar ou restrinxir o contido de www.omeucompromiso.com, as ligazóns ou a información obtida a través do sitio web sen necesidade de previo aviso.

SNBRAND PUBLICIDADE SL non é responsable dos danos e prexuízos que puideren derivarse da utilización da información do sitio web ou da contida nas redes sociais do Titular.

Política de cookies

Na páxina Política de Cookies podes consultar toda a información relativa á política de recollida e tratamento das cookies.

Ligazóns a outros sitios web

O Titular pode proporcionarche acceso a sitios web de terceiros mediante ligazóns coa finalidade exclusiva de te informar sobre a existencia doutras fontes de información en Internet nas que poderás ampliar os datos ofrecidos no sitio web.

Estas ligazóns a outros sitios web non supoñen en ningún caso unha suxestión ou recomendación para que visites as páxinas web de destino, que están fóra do control do Titular, polo que SNBRAND PUBLICIDAD SL non é responsable do contido dos sitios web vinculados nin do resultado que obteñas ao seguir as ligazóns.

Así mesmo, SNBRAND PUBLICIDAD SL non responde dos links ou ligazóns situados nos sitios web vinculados aos que che proporciona acceso.

O establecemento da ligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre SNBRAND PUBLICIDAD SL e o propietario do sitio co que se estableza a ligazón, nin a aceptación ou aprobación por parte do Titular dos seus contidos ou servizos.

Se accedes a un sitio web externo dende unha ligazón que atopes en www.omeucompromiso.com, deberás ler a propia política de privacidade do outro sitio web, que pode ser diferente da deste.

Propiedade intelectual e industrial

Todos os dereitos están reservados.

Todo acceso a este sitio web está suxeito ás seguintes condicións: a reprodución, almacenaxe permanente e a difusión dos contidos ou calquera outro uso que teña finalidade pública ou comercial queda expresamente prohibido sen o consentimento previo expreso e por escrito de SNBRAND PUBLICIDAD SL.

Limitación de responsabilidade

SNBRAND PUBLICIDAD SL declina calquera responsabilidade no caso de que existan interrupcións ou un mal funcionamento dos Servizos ou contidos ofrecidos en Internet, calquera que sexa a súa causa. Así mesmo, o Titular non se fai responsable de caídas da rede, perdas de negocio a consecuencia desas caídas, suspensións temporais de subministro eléctrico ou calquera outro tipo de dano indirecto que poida ser causado por causas alleas ao Titular.

Antes de tomar decisións e/ou accións baseadas na información incluída no sitio web, o Titular recoméndache comprobar e contrastar a información recibida con outras fontes.

Xurisdición

Este Aviso Legal réxese integramente pola lexislación española.

Contacto

No caso de que teñas calquera dúbida acerca destas condicións legais ou queiras realizar calquera comentario sobre este sitio web, podes enviar unha mensaxe de correo electrónico ao enderezo info@omeucompromiso.com