




Vivir nunha sociedade sostible ha axudarnos a ser e vivir mellor, dunha maneira esponsable non só con nós mesmos senón tamén coas xeracións futuras
Para lles acercar esta mensaxe a todas as persoas que forman Pontevedra, púxose en marcha a campaña «O Meu Compromiso». Unha iniciativa que engloba diversas actividades relacionadas coa ecoloxía, a natureza, a sostibilidade e o apoio ao comercio local nas que se busca a implicación da cidadanía, dos comercios e dos máis pequenos da casa.
Durante a campaña «O Meu Compromiso» Pontevedra contará con tres puntos sostibles situados en distintas zonas da cidade. Son espazos informativos realizados con distintos elementos nos que se pode ampliar información sobre os materiais que se utilizaron para a súa fabricación.
ZONA 1
ZONA 2
ZONA 3
ZONA 1
Este punto estará situado na Rúa Rosalía de Castro (diante da Audiencia). Neste punto sostible poderás ampliar información sobre os materiais reciclados como as pinturas e o plástico.
ZONA 2
Este punto estará situado na Praza de Ourense (en fronte da igrexa de San Francisco). Neste punto sostible poderás ampliar información sobre as fibras naturais como a la, o algodón ou o sisal.
ZONA 3
Este punto estará situado na Rúa Loureiro Crespo (diante do Hospital Provincial). Neste punto sostible poderás ampliar información sobre as plantas naturais e a madeira.
Pontevedra lucirá o seu compromiso co comercio local e unha sociedade sostible a través de…
Implícate e mostra o teu compromiso!
